xoves, 22 de xuño de 2017

LENGUA DE SIGNOS . TRABALLO COOPERATIVO


 Un mundo al revés
Érase una vez un lobito
 bueno al que maltrataban
todos los corderos.

Érase una vez un lobito
 bueno al que maltrataban
todos los corderos.

Había también un príncipe
 malo una bruja hermosa
y un pirata honrado.

Había también un príncipe
 malo una bruja hermosa
y un pirata honrado.
 
Todas estas cosas había una vez 
cuando yo soñaba 
un mundo al revés.
 
Todas estas cosas había una vez 
cuando yo soñaba 
un mundo al revés.
 

venres, 16 de xuño de 2017

ESCORNABOIS, VACALOURA.

Mateo que estuda en 2º B , veu á nosa aula para compartir un seu descubrimento. El e seu pai atoparon un ciervo volante,( en castellano).  Contounos cousas como que é un animal invertebrado insecto , que pode voar e que  apesar do seu aspecto terrorífico, é "vexetariano" que gosta da madeira dos carballos. Púxolle unha cereixa porque tamén gosta do zume da foita. Este debe ser un macho porque ten as "pinzas" e polo seu tamaño porque as femias son máis pequenas.
Vacaloura con cereixa
Depois ten pensado liberalo na natureza porque quedan poucos e queremos que viva.
Grazas Mateo por adeprendernos tantas cousas bonitas.

martes, 13 de xuño de 2017

PAREDES SOÑADAS



                  Taller de lectura



           PREPARANDO VISITA Á EXPO DE URBANO LUGRÍS   “ PAREDES SOÑADAS”

1.- Quen sabe o que é unha medusa?

-      Un invertebrado . Teño aquí no meu pupitre un libro , dixo Marc.



  A medusa ou augamar[1] é un animal invertebrado que pertence ó grupo dos cnidarios. Atópanse en todos os océanos do planeta, dende a superficie até as profundidades. Algunhas medusas habitan en auga doce. As medusas vagaron polos mares dende hai 500 millóns de anos,[2] ou se cadra, dende hai 700 millóns ou máis.[3] As especies actuais presentan unha morfoloxía moi semellante ás especies fósiles.[4]

Viven afastadas da costa, pero poden achegarse en cantidades variables por mor das correntes de auga. A chegada de medusas á costa é un fenómeno natural que se produce durante a primavera e o verán.[5]

 Na casa dos peixes de Coruña vive unha Aurelia aurita, medusa común, medusa sombrilla, que é unha medusa transparente .  Amosa numerosos tentáculos urticantes . Gústalle  comer ovos de  peixes peixiños pequeniños .

Ás veces podemos atopala na area na beiriña das praias.




Penso que comezamos a comunicar co pintor.

E que será unha serea?



“Pois Sergio ten un libro que fala de quen son as sereas”dixo outro e Sergio leu e debuxamos sereas porque somos persoas da beiramar.
taller de pintura
De neno Lugrís antes de ires á escola ía a praia apañar cunchas
 Para saber máis da expo e do pintor

Gustánbanlle  os azuis


Claudia quixo contar o que viviu dun xeito voluntario e por suposto, recollémolo aquí
Culleredo. Ola son Claudia, hoxe é  dia 9 de xuño  .  Cheguei ao cole e saín de seguido saímos  de  excursión  para ver unha exposición do pintor Urbano Lugrís na cidade de A Coruña
Lugrís é unha exposición de pintura .Eu cheguei cos meus compañeiros e  recolleunos  unha chica, subimos polo almacén, o ascensor era xigante!!!!!. Subimos dúas plantas, alí chegamos ao obradoiro  fixemos o abecedario que pintou Lugrís para a  Vilaboa.

 Despois fomos con Laura, xa a coñeciamos do ano pasado. Ela contounos unha historia de Lugrís. Encantáballe o mar,e pola mañana de neno  erguíase moi ,  moi ,  moi cedo, porque antes de ir ao cole facía dúas cousas: ir ao porto e ir á praia a apañar cunchas. Pintaba sobre madeira,usaba distintos pinceis. As súas cores favoritas son os azuis.
Despois chegamos ao cole, merendamos, fomos ao patio  e aquí estou contando esta historia.  Redactora.Claudia Cruz Alonso. Xuño de 2017




luns, 12 de xuño de 2017

ANGUIAS


 Forman grupo:
 Rita, Ana,Sebastián e Gabriela


A anguía é un peixe moi escorredizo , sen escamas. Non ten boa vista pero ten un grande sentido do olfato.
Vive en auga doce, pero migran ao mar para reproducirse. A anguía é carnivora, alimentase de peixe e de anfibios. Caza de noite. A anguia eléctrica ten electricidade para defenderse.

domingo, 4 de xuño de 2017

O AMBIENTE TEN NOME. RÍO TRABE

O pasado día 1 de xuño participamos nunha actividade organizada polo concello de Culleredo. Un aula de natureza viva. polo coñecemento e coidado do noso estamos participando do coidado do Planeta no que vivimos Paseo polo Trabe no seu curso baixo

AULA ABERTA . Somos seres sociais

Continúa a actividade en colaboración coa ANPA. A aula aprende qué podemos facer diante dunha persoa que pode necesitar axuda na casa . O grupo de expertos realizou unha práctica con modelos.

Ver se hai respiración

Chamar ao 112


Masaxe que axuda a salvar vida
O boca a boca descartado


mércores, 10 de maio de 2017

A CABAZA DÁ NOVOS PÉS

Samaín e cabaza  no outono de 2016
Así comezou, quitamos as sementes, deixámolas secar sobre un periódico vello. Despois gardámolas nun aramario da aula. Cando chegou a primavera sementamos en terra e regamos ao pouco algo misterioso e máxico sucedía. agromaban como seres vivos rompendo a terra e saíndo á superdicie unhas folliñas diminutas.

Agora que xa están máis fortes pasámolas á terra no exterior
maio de 2017


Raíz , talo e follas
Colocamos no burato

Regamos

Cubrimos con terra

 Nota: O noso agradecemento á familia de Sergio e a todas as familias que colaborades co labor da escola.